viernes, 16 de diciembre de 2016

Traballo libre. (Queen).

Nesta ocasión tiñamos que realizar un traballo libre. Tras moito pensar, decidín inspirarme en Queen, un dos meus grupos favoritos. Como representante nesta ilustración, puxen a Freddie Mercury (o vocalista), xa que el é a cara máis coñecida. Tamén, con esta ilustración, quixen conmemorar o aniversario da súa morte (24 de novembro de 1991). Este gran músico, xunto co resto dos membros de Queen (John Deacon, Brian May e Roger Taylor), deixaronlle un gran legado a música, e como eles dicían: "The show must go on".



No hay comentarios:

Publicar un comentario