martes, 7 de marzo de 2017

Xarróns e colgadoiro.

Presentación: https://prezi.com/m/jndsfvt3tolg/handmade-work/

Idea:
Para esta avaliación de deseño tíñamos que facer un proxecto relacionado co deseño. Tras moito pensar, decidín que o me gustaría intentar facer algo artesanal con cousas recicladas. Despois de darlle unhas cuantas voltas, inspireime nuns xarróns que fixera meu irmán cando era pequeno, e nun árbol de decoración que fixera meu pai.
Ao ser obxectos distintos, decidín repartir o traballo en distintas xordanas, as cales comentarei no apartado de planificación e temporalización.
Documentación:
Neste caso, as persoas que me axudaron foron meu pai e meu irmán. Meu pai doume as indicacións e os pasos a seguir para non estragar a madeira e asegurarme de que non tiña ningún insecto que estropease o producto. Meu irmán, guioume tamén decindome como eran os pasos a seguir (encolado con auga para que a cola se extenda mellor, secado, etc).
Tamén mirei algo en internet polos xarróns, xa que me quería asegurar de que non me facía falta ningún material como xeso, papel de periódico, etc.
Planificación e temporalización.
Para organizarme mellor, decidín repartir o traballo en distintas xornadas, as cales foron así:
  • Colgadoiro: As primeiras semanas estiven dandolle voltas a como podía facer as cousas. Falei con meu pai, que me dou unhas indicacións a seguir: facer un pequeno bosquexo para ter en mente cantas ramas quería que tivese o meu colgadoiro, e unha vez eso claro, tería que buscar un árbol seco. Esta parte foi un pouco máis difícil porque me levou unhas semanas atopar un árbol que se adecuase ao que eu quería. Logo de atopalo e levalo para a casa, empecei a traballar nel. Na primeira e segunda semana de febreiro, corteille as ramas e pulino. Deixeino un tempo apartado e secando, porque estaba un pouco húmido e eu quería que quedase en condicións óptimas. Na terceira semana de febreiro, con un soplete, queimei un pouco o tronco para que lle quedasen esas tonalidades máis escuras. Despois volvino a lixar para que non quedasen restos de ferruxa. A útima semana de febreiro, dinlle un barniz ao colgadoiro para que quedase máis brillante e resistente. 
  • Xarróns: Cando xa tiña máis ou menos o traballo do colgadoiro asentado na miña cabeza, empecei co dos xarróns. Logo de falar con meu irmán, vin que tería que planificar unhas dúas semanas para que secasen correctamente os productos (tanto a pintura como a cola) e ter tempo de rectificar no caso de que algo me salise mal. A segunda semana de febreiro fixen os bosquexos para ter unha idea máis ou menos clara de como tería que traballar a tea. As seguintes dúas semanas dediqueinas a buscar os materiais e a facer os productos. Os xarróns, para que me secasen ao 100%, facíanlle falta 2 días (si estaban preto de algo quente, como un fogón, si non, quizáis algo máis).
Bosquexos e esbozos.