viernes, 16 de diciembre de 2016

Traballo libre. (Queen).

Nesta ocasión tiñamos que realizar un traballo libre. Tras moito pensar, decidín inspirarme en Queen, un dos meus grupos favoritos. Como representante nesta ilustración, puxen a Freddie Mercury (o vocalista), xa que el é a cara máis coñecida. Tamén, con esta ilustración, quixen conmemorar o aniversario da súa morte (24 de novembro de 1991). Este gran músico, xunto co resto dos membros de Queen (John Deacon, Brian May e Roger Taylor), deixaronlle un gran legado a música, e como eles dicían: "The show must go on".



7 PECADOS.

Para este exercicio, tiñamos que crear un logotipo para unha revista que se titulara "7 pecados". Eu decidín escoller a temática de videoxogos para inspirarme. 
Unha proposta na que pensei foi esta: 
A verdade, gustabame, pero decidín descartala porque me parecía que a chave espada ocupaba moito lugar para ser un só un logotipo.
Retocando, añadindo e cambiando algunhas cousas, a miña proposta é esta:

(As letras teñen borde blanco. Decidín non poñer as dos videoxogos con borde para que destacasen máis e fosen distintas as outras).

(As letras non teñen borde blanco).

Os videoxogos nos que me inspirei foron:
-O Portal: decidín usar os portales do mesmo xogo para facer que significaran a letra "O" e ao mesmo tempo o "7" atravesase o portal.
-Kingdom Hearts: a letra "E" é o filo da chave espada de Sora, o protagonista do videoxogo.
-Assassin's Creed: a letra "A" é o logotipo deste videoxogo.
-Soma: a letra "S" forma parte do logotipo de este xogo.

As letras que non teñen nada relacionado cos videoxogos decidín deixalas cunha tipografía máis sinxela para que non destaquen demasiado e que se fixen máis nas outras.

viernes, 9 de diciembre de 2016

Extensións.

Neste traballo, tiñamos que experimentar ca ferramenta de crear extensións co inkscape. Decidín ir probando con distintas formas e poñelas simétricas, tanto na parte superior como na inferior, para así crear certa harmonía. Os colores son similares para que entoase máis ca estética.


miércoles, 7 de diciembre de 2016

Tipografías.

Neste exercicio tiñamos que crear 5 tipografías.


(Decidín utilizar ósos para crear a letra "i" e "e". A "D" deixeina cunha tipografía sinxela e en cor gris para que destacasen as ultimas dúas letras).


(Usei un raio para a letra "Z" xa que este fenómeno, como todos sabemos, emite luz, algo que me pareceu boa idea plasmar no traballo).


(Para as letras "A" decidín usar casas xa que asemellan a forma desa letra).



(A "o" é unha lúa chea, e a "c" é unha media lúa, xa que quería dar contraste entre os distintos ciclos que ten a lúa. As cores son distintas porque dependendo de como esté a noite, veremos este satélite dunha cor ou outra. O resto das letras son azul escuro para representar o ceo de noite).



(As "o" son as pegadas que deixa un lobo, xa que pode simular a forma desta letra).

Traballos minimalistas.

Para este exercicio, tiñamos que escoller unha serie ou película e unha canción e facer un cartel minimalista.

Estas son as miñas propostas como series:
(Vikings). Usando unha machada e unha espada, fixen a forma de "V", que é moi representativa da serie. Decidín engadir sangre porque nesta serie hai moita, xa que é bastante violenta.

(Steven Universe). Decidín usar as xemas dos distintos personaxes cos seus respectivos colores para representalo dunha forma o máis sinxela posible.

Para a canción, decidinme inspirar en Sweater Weather, de The Neighbourhood, un grupo estadounidense de rock alternativo.

Estes son dous dos bocetos (cambiandolle o fondo para probar). Finalmente, decidinme por este outro, xa que creo que entoa máis coa estética da canción e do grupo.

lunes, 5 de diciembre de 2016

Logotipo xogos olímpicos: "La Habana 2020".

Para este traballo tiñamos que facer un logotipo para os supuestos xogos olímpicos de "La Habana 2020". 
Decidín utilizar un fondo azul para representar a auga da que están rodeados ao ser unha illa. 

Como vía que no interior me sobraba bastante espacio, decidín incluir as letras. 

O color das follas da palmeira non me acababan de convencer, e é por iso que decidín poñelas cos mismos colores que os aneis olímpicos. Aquí está a miña proposta final:

martes, 8 de noviembre de 2016

Ilustración: "As pantasmas existen."

Para este traballo tiñamos que crear unha ilustración do relato de medo de Estela Vilas, gañadora do concurso de relatos da biblioteca.



viernes, 21 de octubre de 2016

Deseño dun logotipo. (Marca de café).

Neste traballo tiñamos que facer un logotipo para unha marca de café. Podiamos escoller entre unha aerolinea, unha marca de fariña ou café. Eu escollín este último.  
Para a idea final baseeime nestes bocetos:


Aquí está a miña proposta final: