Para este exercicio, tiñamos que crear un logotipo para unha revista que se titulara "7 pecados". Eu decidín escoller a temática de videoxogos para inspirarme.
Unha proposta na que pensei foi esta:
A verdade, gustabame, pero decidín descartala porque me parecía que a chave espada ocupaba moito lugar para ser un só un logotipo.
Retocando, añadindo e cambiando algunhas cousas, a miña proposta é esta:
(As letras teñen borde blanco. Decidín non poñer as dos videoxogos con borde para que destacasen máis e fosen distintas as outras).
(As letras non teñen borde blanco).
Os videoxogos nos que me inspirei foron:
-O Portal: decidín usar os portales do mesmo xogo para facer que significaran a letra "O" e ao mesmo tempo o "7" atravesase o portal.
-Kingdom Hearts: a letra "E" é o filo da chave espada de Sora, o protagonista do videoxogo.
-Assassin's Creed: a letra "A" é o logotipo deste videoxogo.
-Soma: a letra "S" forma parte do logotipo de este xogo.
As letras que non teñen nada relacionado cos videoxogos decidín deixalas cunha tipografía máis sinxela para que non destaquen demasiado e que se fixen máis nas outras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario