martes, 16 de mayo de 2017

Ética e dereitos dos animais.

Neste proxecto tiñamos que facer algo relacionado coa ética e dereitos dos animais.

No meu caso, eu decidín pintar 3 cuadros onde se representasen distintos abusos cara 3 animais mariños distintos (unha balea cunha ferida nas costas e na aleta, unha foca sendo explotada para a diversión e o disfrute das persoas e un narval coa cabeza cortada, representando a caza que sufren estos animais).

O fondo é negro para que as distintas representacións dos animais resalten máis e o foco de atención caia sobre eles.

Desgraciadamente, non teño ningunha foto mellor ca a que adxunto.


domingo, 14 de mayo de 2017

Silla.

Para este proxecto tíñamos que crear unha silla: uns bocetos e os planos, e se nos viamos capaces, unha maqueta.

O primeiro paso que fixen foi facer uns bocetos:



(Decidin escoller o 3ro debuxo). 

Despois diso, decidín pasar a limpo ese boceto: 


Os planos da silla serían os seguintes: 



Con pasta de modelar intentei facer unha maqueta. Encontreime con distintos problemas para facer as patas tan delgadas como nos bocetos, porque non soportaban o peso. Tampouco lle puiden facer as ramas que salían da espalda.







 Entón decidín facer un prototipo por ordenador de como sería:

Estaría pensada para ser de madeira na súa totalidade (incluindo as follas, que serían pintadas de verde).



Spot.




Esta é a miña proposta de spot. Inspireime nos míticos anuncios de teletenda onde as persoas actúan dun xeito extraño e esaxerado para vendernos o producto que venden.

Utilicei dúas situacións distintas onde unha cuchilla e un cuchillo lle supoñen un problema a persona que o anuncia, para que logo apareza a Barbeitor 3000 (producto anunciado) para solucionar a situación.



Hamburguesa vegana.

Neste proxecto tiñamos que facer un cartel publicitario para promocionar unha hamburguesa vegana, sacando as fotos correspondentes e creando un logotipo.

Primeiro creei o logotipo:
(con borde negro)

(sen borde).

O seguinte paso era sacar as fotos. Estas son algunhas das fotos de proba que fixen: 






Ao final decidín quedarme coa última. 

Logo de editala, este é o resultado final: