Nesta ocasión tiñamos que realizar un traballo libre. Tras moito pensar, decidín inspirarme en Queen, un dos meus grupos favoritos. Como representante nesta ilustración, puxen a Freddie Mercury (o vocalista), xa que el é a cara máis coñecida. Tamén, con esta ilustración, quixen conmemorar o aniversario da súa morte (24 de novembro de 1991). Este gran músico, xunto co resto dos membros de Queen (John Deacon, Brian May e Roger Taylor), deixaronlle un gran legado a música, e como eles dicían: "The show must go on".
viernes, 16 de diciembre de 2016
7 PECADOS.
Para este exercicio, tiñamos que crear un logotipo para unha revista que se titulara "7 pecados". Eu decidín escoller a temática de videoxogos para inspirarme.
Unha proposta na que pensei foi esta:
A verdade, gustabame, pero decidín descartala porque me parecía que a chave espada ocupaba moito lugar para ser un só un logotipo.
Retocando, añadindo e cambiando algunhas cousas, a miña proposta é esta:
(As letras teñen borde blanco. Decidín non poñer as dos videoxogos con borde para que destacasen máis e fosen distintas as outras).
(As letras non teñen borde blanco).
Os videoxogos nos que me inspirei foron:
-O Portal: decidín usar os portales do mesmo xogo para facer que significaran a letra "O" e ao mesmo tempo o "7" atravesase o portal.
-Kingdom Hearts: a letra "E" é o filo da chave espada de Sora, o protagonista do videoxogo.
-Assassin's Creed: a letra "A" é o logotipo deste videoxogo.
-Soma: a letra "S" forma parte do logotipo de este xogo.
As letras que non teñen nada relacionado cos videoxogos decidín deixalas cunha tipografía máis sinxela para que non destaquen demasiado e que se fixen máis nas outras.
viernes, 9 de diciembre de 2016
Extensións.
Neste traballo, tiñamos que experimentar ca ferramenta de crear extensións co inkscape. Decidín ir probando con distintas formas e poñelas simétricas, tanto na parte superior como na inferior, para así crear certa harmonía. Os colores son similares para que entoase máis ca estética.
miércoles, 7 de diciembre de 2016
Tipografías.
Neste exercicio tiñamos que crear 5 tipografías.
(Decidín utilizar ósos para crear a letra "i" e "e". A "D" deixeina cunha tipografía sinxela e en cor gris para que destacasen as ultimas dúas letras).
(Decidín utilizar ósos para crear a letra "i" e "e". A "D" deixeina cunha tipografía sinxela e en cor gris para que destacasen as ultimas dúas letras).
(Usei un raio para a letra "Z" xa que este fenómeno, como todos sabemos, emite luz, algo que me pareceu boa idea plasmar no traballo).
(A "o" é unha lúa chea, e a "c" é unha media lúa, xa que quería dar contraste entre os distintos ciclos que ten a lúa. As cores son distintas porque dependendo de como esté a noite, veremos este satélite dunha cor ou outra. O resto das letras son azul escuro para representar o ceo de noite).
Traballos minimalistas.
Para este exercicio, tiñamos que escoller unha serie ou película e unha canción e facer un cartel minimalista.
Estas son as miñas propostas como series:
(Vikings). Usando unha machada e unha espada, fixen a forma de "V", que é moi representativa da serie. Decidín engadir sangre porque nesta serie hai moita, xa que é bastante violenta.
(Steven Universe). Decidín usar as xemas dos distintos personaxes cos seus respectivos colores para representalo dunha forma o máis sinxela posible.
Para a canción, decidinme inspirar en Sweater Weather, de The Neighbourhood, un grupo estadounidense de rock alternativo.
Estes son dous dos bocetos (cambiandolle o fondo para probar). Finalmente, decidinme por este outro, xa que creo que entoa máis coa estética da canción e do grupo.
lunes, 5 de diciembre de 2016
Logotipo xogos olímpicos: "La Habana 2020".
Para este traballo tiñamos que facer un logotipo para os supuestos xogos olímpicos de "La Habana 2020".
Decidín utilizar un fondo azul para representar a auga da que están rodeados ao ser unha illa.
Como vía que no interior me sobraba bastante espacio, decidín incluir as letras.
O color das follas da palmeira non me acababan de convencer, e é por iso que decidín poñelas cos mismos colores que os aneis olímpicos. Aquí está a miña proposta final:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)